Música e versos no Verbum este Día Mundial da Poesía

Música e versos no Verbum este Día Mundial da PoesíaEste mércores en Vigo. Poemas feitos canción.

O grupo Xardín Desordenado interpretará poemas de poetas galegos feitos canción. Un concerto ao que se unirá a voz de tres importantes nomes da poesía galega actual: Xosé María Alvarez Cáccamo, Marta Dacosta e María Lado. Con este recital celebrará o Día Mundial da Poesía o Verbum – Casa das Palabras este mércores 21 de marzo ás 20h30.

De paso, recordámosvos que coa mesma vontade de estimular o gusto pola poesía, deica o sábado 24 de marzo a Biblioteca Xosé Neira Vilas convida as usuarios e usuarios a deixaren en cadanseu post-it un poema (ou fragmento) favorito, sexa propio ou alleo.

Relacionado con esta nova:
Escolma de recursos para o Día Mundial da Poesía.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*