Xadrez para tod@s

Xadrez para tod@sNovena edición en Lugo deste programa de divulgación de xadrez.

O Parlamento Europeo aprobou recentemente unha declaración na que se manifesta en prol da aplicación do programa Xadrez na escola nos colexios de toda a Unión Europea ao recoñecer os beneficios que este deporte ten nos nenos e nenas.

Unha nova que foi lembrada durante a recente presentación en Lugo do programa divulgativo ‘Xadrez para tod@s’ por parte da concelleira de Educación, Esther Muñóz, e o Presidente da Asociación Cultural Xaquedrum, Pablo Castro.

Como en anos anteriores repítese a cita dominical coa actividade do Scacorum e o Baúl Viaxeiro que convida a todos os lucenses a participar nos xogos do xadrez xigante, do xadrez convencional e do baúl viaxeiro. Estes xogos familiares desenvolveranse todos os domingos do 15 de abril ao 3 de xuño na Praza Maior en horario de 17 a 19 horas. Os días 4 e 15 de xuño en horario de tarde, tamén se desenvolverá esta actividade aproveitando que os nenos e nenas só teñen clase en horario de mañá.

Outra das actividades que se integran dentro deste programa é o Campamento final de Xadrez no Albergue Xuvenil de Gandarío e no que ao longo dunha fin de semana os rapaces gozarán compartindo a súa afección.

Tamén se presentou o Torneo Escolar de Semana Santa, unha actividade que se celebra na Casa da Xuventude de Lugo o vindeiro 1 de abril pola tarde de 16.15 h. a 19:30 h.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*