Contos comprendidos, contos sentidos, contos contados

Museo do Pobo GalegoContinúa todos os xoves de abril este obradoiro con Celso Fernández Sanmartín.

Obradoiro que ten lugar no Museo do Pobo Galego. Baseado na oralidade, é impartido por Celso Fdez Sanmartín e está pensado para nenos e nenas de 7 a 12 anos.

Tomando como escusa as biografías dos e das participantes e dos contidos do propio Museo, trabállase desde a articulación do discurso ate a súa plena compresión, tanto desde quen o elabora, como quen o emite e quen o recibe. A actividade está dirixida por Celso Fdez. Sanmartín con ampla experiencia educativa, traballando coa oralidade con diferentes públicos e en diversos ámbitos.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*