Mostra do Ensino 2012

Mostra do Ensino 2012No recinto de ExpoCoruña entre o 11 e o 14 de abril.

A Mostra do Ensino 2012 é un evento promovido pola Consellería de Educación para difundir as posibilidades da educación, da ensinanza e da Formación Profesional en Galicia, para orientar o alumnado e a sociedade en xeral sobre a súas oportunidade de promoción no sistema educativo e de inserción laboral.

Os visitantes poden consultar información sobre a oferta formativa da formación profesional, programas de cualificación profesional inicial e ensinanzas deportivas e artísticas en Galicia. Tamén se informará e orientará de xeito individual sobre itinerarios formativos, liñas de bolsas, axudas, premios e residencias para o alumnado.

Outros obxectivos serán difundir as posibilidades da aprendizaxe permanente, a formación de adultos e a formación ao longo da vida (formación-emprego-formación); informar sobre o espazo europeo de educación superior, programas europeos e mobilidades formativas no estranxeiro (Erasmus, Leonardo, …) ou coñecer as ensinanzas máis demandadas polos sectores produtivos e destacar a importancia da cultura do emprendemento entre o alumnado.

Congreso Formación e competencias na nova sociedade
Alén do espazo expositivo, ten lugar este congreso, que se estrutura en catro xornadas. As tres primeiras van dirixidas ao profesorado, mentras que a do día 14 é de portas abertas.
Día 11. Formación Profesional
Día 12. Tecnoloxías da información e da comunicación
Día 13. Idiomas
Día 14. Diversidade e familia (Xornada de portas abertas, dirixida a sociedade en xeral)

Programa completo

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*