Inicio » Planeta Verde » Pasa e coñece a familia Trebón de visita no Planeta Verde!

Pasa e coñece a familia Trebón de visita no Planeta Verde!

A familia Trebón no Planeta Verde - EcoaventurasPresentámosvos a un grupo de amigas e amigos moi especial que axudarán a explicarlles aos máis cativos o que todos podemos facer polo medio ambiente.

‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é a primeira entrega dunha serie de contos en formato dixital que traerán un grupo de entrañables personaxes de visita a Botóns durante os próximos meses. Da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), coñeceremos as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto con Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

A familia Trebón
A familia Trebón vén dunha Galaxia moi afastada ata a Terra, que eles chaman o Planeta Verde. Aquí aprenden sobre a nosa vida e costumes. Vito e Lilia, dous rapaces galegos, fan de anfitrións e axudan a familia de extraterrestres a coñecernos un pouco mellor.

Anselmo Trebón é o pai extraterrestre, un individuo de bo corazón pero algo testán e zoupón. Ás veces máis traste que un cativo, e de feito son os cativos os que lle ensinan en moitas ocasións como facer as cousas ao xeito. Carola Trebón é a nai extraterrestre. Moi aguda e intelixente. É enxeñosa é sorprende cos seus inventos. Lucas Trebón, o fillo dos Trebón. Sorprendido con todo o que ve e descobre. Aprende axiña sobre a vida no Planeta Verde e pregunta moito sobre as cousas. Lilia e Vito son dous cativos que accidentalmente coñecen á familia Trebón na súa chegada á Terra, facéndose os moi amigos deles. Compañeiros de xogos de Lucas, gústalles tamén ensinarlle cousas á familia Trebón. Ah, e non esquezamos a dous compañeiros de xogos! O can Antenas, todo un can galáctico e o gato Evaristo, un felino moi comprometido e intelixente.Lucas, Vito e Lilia - A familia Trebón no Planeta Verde

Lecer e didáctica
Os contos da familia Trebón son unha serie de relatos de ficción con vocación de entretemento pero tamén didáctica. As ecoaventuras protagonizadas por Lilia, Vito, Carola, Anselmo e Lucas, xunto con Antenas e Evaristo, foron creadas para divertir aos máis pequenos, pero tamén para subliñar a importancia de que a cidadanía se implique activamente na xestión do lixo e na responsabilidade medioambiental.

O grupo de personaxes deseñados conforma unha familia que se compromete coa redución, reciclaxe e reutilización e que se preocupa dos problemas medioambientais con pequenos xestos diarios. Cun chisco de humor, sensibilízase do problema que representan os residuos e a necesidade de sumar esforzos entre todos.

Nos vindeiros días irémosvos achegando tamén actividades nas que os personaxes da Familia Trebón no Planeta Verde serán protagonistas.

19 Responses to Pasa e coñece a familia Trebón de visita no Planeta Verde!

  1. Laura Regueiro Responder

    Abril 10, 2012 at 11:29

    Dá gusto ver traballos así. Moi fermosa a historia e as ilustracións fantásticas. Parabéns!

  2. Nuria Responder

    Abril 10, 2012 at 12:51

    que bonitooooo!

  3. Nolo Responder

    Abril 10, 2012 at 18:40

    Moi simpáticos os Trebón, jajaj

  4. Antón de Carballo Responder

    Abril 11, 2012 at 11:36

    Moi bo traballo! Parabéns aos que participastes nel!

  5. Pingback: O Planeta Verde | Botóns – A bitácora

  6. Pingback: Coa familia Trebón, aprendemos sobre a compostaxe | Botóns

  7. Pingback: O verán no mar da familia Trebón | Botóns

  8. Pingback: Anselmo Trebón visita a tenda | Botóns

  9. Pingback: A familia Trebón aprende a coidar o bosque | Botóns

  10. Pingback: De magosto cos Trebón | Botóns

  11. Pingback: A familia Trebón: Xoguetes de Papel | Botóns

  12. Pingback: Na Cidade co Bilibús do profesor Uxío | Botóns

  13. Pingback: Como presta a comida cando se aproveita ben! | Botóns

  14. Pingback: Un souto cheo de vida | Botóns

  15. Pingback: A máquina come-lixo | Botóns

  16. Pingback: Unha eco-carta aos Reis Magos | Botóns

  17. Pingback: O ciclo do lixo | Botóns

  18. Pingback: A familia Trebón coñece o río | Botóns

  19. Pingback: PLANETA VERDE: As aventuras da Familia Trebón | Botóns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*