Inicio » Onde ir/que ver » LugoMáxico 2012

LugoMáxico 2012

LugoMáxico 2012 Do 29 de abril ao 5 de maio, máis de 60 actuacións a cargo de 30 magos chegados de todo o mundo.

Esta 9ª Semana Internacional de Maxia de Lugo este ano sacará a maxia á rúa, con máis de 60 espectáculos en distintos puntos da cidade. Durante toda a semana, 30 magos chegados de diferentes partes do mundo (Arxentina, EEUU, Ucrania, China, Francia…) farán as delicias de todos os lucenses, que poderán disfrutar de máis de 60 actuacións repartidas por toda a cidade. Haberá actuacións de rúa na Praza Maior, na Rúa San Marcos, na Praza do Campo, en Campo Castelo, en Bispo Aguirre, na Universidade, en Augas Férreas, na Praza da Milagrosa e no Barrio da Residencia, así como no Hospital Lucus Augusti, no centro de día Antonio Gandoy, no Mesón do Forno, na asociación Aspnais e na Asociación de Persoas Xordas.

Como novidade este ano está tamén a instalación de dúas carpas a modo de teatros de rúa na Praza Maior e en San Marcos que continuamente, todas as tardes, terán pases cada 15 minutos con entrada aberta e de balde.

Só haberá que pagar polas galas do auditorio, que terán un prezo de entre 8 e 12 euros as de público adulto e entre 5 e 9 euros a infantil:

O 29 de abril, Gala Inaugural a cargo do Mago Karim (presentador da Gala Internacional do Lugomáxico 2010) e que deixou un moi bo sabor de boca entre os lucenses. Nesta ocasión Karim será o encargado de inaugurar este Lugomáxico presentando o seu espectáculo Comedia Mágica. Será ás 19:00 horas.

Gala Infantil Lugomáxico 2012 o día 1 de maio ás 18:00 horas a cargo da Compañía Ludus, especialista en maxia para nenos. Presentarán o espectáculo que lles fixo ser premio estatal de maxia infantil.

Gala Unipersonal Lugomáxico 2012 o día 4 de maio as 21:00 horas a cargo de Antonio Díaz, que nos presentará o espectáculo La asombrosa historia de Mr. Snow.

Gran Gala Internacional Lugomáxico 2012 o día 5 de maio ás 21:00 horas. Unha vez máis unha gala espectacular cunha selección dos mellores magos do mundo chegados de diferentes partes do planeta para amosarnos a mellor maxia que se pode ver nestes momentos. Participarán o mago Vovonin, de Ucrania, a maga china Huang Zheng, o mago americano Mike Caveney e o mago francés Arno. Presentará a gala o actor e monologuista galego Avelino González.

Programa completo de Lugomáxico 2012 (.pdf)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>