Obradoiros científicos en homenaxe a Antonio Casares

O "Día do Científico Galego" homenaxea a Antonio CasaresDurante as vindeiras semanas, un obradoiro didáctico achegará ás aulas o traballo deste químico monfortino ao que se lle adicou en 2012 o ‘Día do Científico Galego’.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) vén convocando desde o ano 2006 o chamado ‘Día do Científico Galego’, en recoñecemento e homenaxe ás personalidades máis relevantes no campo da investigación científica en Galicia (non só aos nados en Galicia, senón a aqueles que desenvolveran a súa carreira científica en Galicia e contribuísen de xeito notable e significativo ao desenvolvemento do coñecemento e a innovación).

Se ben a data oficial acostuma a ser o 23 de abril, agás cando como neste caso coincide en festivo, os actos arredor deste día esténdense máis aló da propia xornada. Así, desta volta, e logo da conmemoración oficial celebrada este pasado martes, durante todo o mes de maio terán lugar unha serie de obradoiros didácticos que aproveitarán a figura do homenaxeado en 2012, o químico Antonio Casares, para inxectar o interese pola ciencia entre o alumnado. As actividades están promovidas pola Fundación Barrié de la Maza, a través do seu programa EducaBarrié.

O mundo da química – Antonio Casares é o título escollido para este obradoiro do cal na propia web pode descargarse a unidade didáctica sobre Antonio Casares (.pdf) así como sobre outros relevantes científicos homenaxeados.

Máis información sobre Antonio Casares na rede:

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*