IV Certame de Cinema OUFF Escola

IV Certame de Cinema OUFF EscolaIniciativa para o fomento da lingua galega, a creatividade audiovisual e o traballo en equipo.

“Facer cine en Galicia é posíbel. Facer cine en galego é necesario, calquera cultura que queira sobrevivir precisa do cine”. Esta é a frase de Chano Piñeiro que subliñan os promotores deste certame audiovisual para a mocidade.

O IV Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre o seu contorno sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Este certame pretende, así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

A iniciativa está impulsada polo Consorcio para o Festival Internacional de Cine Internacional de Ourense (OUFF), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ourense, en colaboración con Ponte…nas Ondas!.

Máis información na web do Certame de Cinema OUFF Escola

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*