Certame cooperativismo no ensino

Certame cooperativismo no ensinoDirixido ao alumnado e ao profesorado dos centros educativos galegos.

No desenvolvemento das actividades deberanse potenciar e propiciar os valores e principios que inspiran o cooperativismo, tales como a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada.

Coa finalidade de impulsar a formación nos referidos valores e a súa aplicación práctica, pode procurarse a realización de actividades cooperativas por grupos de alumnos. Para incentivar a realización das actividades, establécense distintos premios a que poden optar os traballos realizados polos alumnos e profesores.

Os centros educativos que desexen participar neste certame organizarán actividades divulgativas e formativas e poderán dispoñer, para este fin, de apoios técnicos a través do Programa Cooperamos da Dirección Xeral de Relacións Laborais. Poden participar no certame o alumnado e o profesorado dos centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e formación profesional.

Modalidades
O alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia poderán presentarse ás seguintes modalidades:
a) Debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo dirixida ao alumnado de infantil e primaria.
b) Actividades cooperativizadas dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria.
c) Proxectos empresariais cooperativos dirixidos ao alumnado e ao profesorado dos centros de formación profesional.

Máis información na web do Consello de Cooperativas de Galicia (Inclúe diversos recursos educativos sobre o cooperativismo)

Recordámosvos tamén que 2012 é o Ano Internacional das Cooperativas

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*