Museos nun mundo cambiante

80 aniversario do Museo Provincial de LugoPrograma de actividades na Rede Museística da Deputación de Lugo.

PROGRAMA
Museo Provincial de Lugo

Martes, 15 de maio de 2012
20:00 horas.-Táboa redonda: Blas Lourés na arte galega contemporánea
Interveñen: Juan Puchades Quilis, Miguel Anxo Macía, Jesús López e Jorge Espiral. Modera: Aurelia Balseiro, comisaria da exposición.
Lugar: Sala de Exposicións do MPLugo.

Mércores, 16 de maio de 2012
20:00 horas.-Recital poético Letras Galegas.
Interveñen: Xosé Blázquez, Joaquín Carballido Parra, Marina Cillero, Jesús Corredoira López, José Estévez López, Adela Figueroa, Antón Fortes, Ana Mª Fraga, Juan José Lomarti, Luís L. Alonso, Manuel C. Matalobos, Enrique Mora Morandeira, Manuel Xosé Neira, Isidro Novo, Toño Núñez, Xosé Otero Canto, Pepa Prado, Xerardo Quintiá, Ramón Rodríguez Porto, Iago Rodríguez Yánez, Jacobo Sánchez, Elvira Veloso.
Lugar: Refectorio do MPLugo.

Xoves, 17 de maio de 2012 (Día das Letras Galegas)
13:00 horas.-Concerto do Conxunto Vocal Lugh
Durante esta xornada, con motivo de celebramos o Día das Letras Galegas, agasallaremos aos visitantes con libros sobre contidos do museo o de exposicións temporais, editados polo Servizo de Publicacións da Deputación e do MPLugo.

Venres, 18 de maio de 2012 (Día Internacional dos Museos)
O Museo Provincial de Lugo permanecerá aberto ao público ininterrumpidamente desde as 9 ata as 21 horas. Entrada gratuíta.
Agasallos pata todos os visitantes: libros,marcapáxinas, DVD, postais…

Sábado, 19 de maio de 2012 (Noite Europea dos Museos)
21 horas.-A historia do jazz nun concerto, por Marosa Jazz Project

A agrupación musical mariñá Marosa Jazz Project ofrécenos catro concertos didácticos para todos os públicos os días 16, 17, 18 e 19 de maio nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. Este espectáculo, co que se pretende achegar este movemento musical a todo tipo de públicos, conta cunha Guía Didáctica da autoría de Israel Arranz que nos ilustra sobre a cronoloxía, intérpretes e subxéneros deste movemento musical . A entrada é libre e gratuíta. + info sobre calendario de concertos, guía didáctica e historia do grupo

Mércores, 23 de maio de 2012
20:00 horas.-Concerto de Ensemble de corda.
Lugar: Sala de Exposicións do MPLugo

Xoves, 24 de maio de 2012
20:00 horas.-Táboa redonda: Teoría e praxes das Ensinanzas Artísticas de Deseño (exalumnos da escola compartirán as súas experiencias profesionais no eido do deseño). Interveñen: Sandra Cancela, Xosé Manuel García Augusto, Isabel Somoza, Marta Cancio e Óscar Cela. Modera: Alejandro Carro, vicedirector da Escola de Arte e Deseño “Ramón Falcón” de Lugo.
Lugar: Sala Multiusos do MPLugo

Martes, 29 de maio de 2012
19:30 horas.-Conferencia: Exposicións Online, itinerarios narrativos, a cargo de José Nicolás del Río Castro, investigador do departamento de Hª da Arte da USC.
Lugar: Sala Multiusos do MPLugo

Xoves, 31 de maio de 2012
19:30 horas.-Visita técnica á exposición “Blas Lourés” cargo da comisaria da mostra, Aurelia Balseiro.

OBRADOIROS
Fotografía a cegas
Obradoiro no que participan 7 persoas invidentes, a tearapeuta Mercedes Cabada, os fotógrafos Iago Eireos, Germán Limeres, Xosé Reigosa e Antonio López Losada.
Desenvólvese nos 4 musesos da Rede Museítica desde o 10 de abril ata o 18 de maio. Coas distintas fases e obradoiros do proxecto eleborará un documental Henrique Lamas. Coordina Encarna Lago, xerente da Rede.
Este obradoiro ematará os días 7, 8 e 9 de xuño (coincidindo coa celebración nos museos da Rede Museística das 17ª Xornadas DEAC) cunha exposición dos traballos resultantes no Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo), Museo Etnográfico San Paio de Narla (Friol) e Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos).

Obradoiro de cómic
Imparte: Kiko da Silva, debuxante, ilustrador e creador da Escola Profesional de BD e ilustración de Galicia ” O Garaxe Hermético”.
Data: luns, 14 de maio de 2012
Hora: de 18 a 20 horas.
Prazas: 20
Lugar: Sala Multiusos do MPLugo

EXPOSICIÓNS
Blas Lourés (do 22 de marzo ao 17 de xuño de 2012)
Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo
Visitas guiadas gratuítas, todos os sábados, ás 12 h., desde o 31 de marzo ata o 16 de xuño de 2012, para un mínimo de 10 persoas. Os interesados deben presentarse na recepción do MPLugo á hora indicada, onde serán atendidos segundo disponibilidade por guías do departamento de Didáctica.

Converxencias 2012 (Exposición Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón, Lugo)
(do 26 de abril ao 31 de maio de 2012)
Refectorio do Museo Provincial de Lugo

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*