Cambia de papel!

Cambia de papel!Implicadas no Desenvolvemento lanza esta campaña para lembrar que todos os xestos, grandes e pequenos, son fundamentais.

Cambia de Papel é unha campaña á procura dun mínimo de 50 novas socias/os e 20 voluntarias/os para sustentar o traballo do colectivo Implicadas no Desenvolvemento e con iso afianzar un cambio de imaxes e actitudes da cidadanía do Norte que axude a poñer en marcha alianzas coa cidadanía e en particular coas mulleres do Sur para a superación da inxustiza planetaria da que todas e todos facemos parte.

Por que cambiar de papel? “En Implicadas cremos en moitas cousas. Cremos na procura da igualdade de xénero como base para o desenvolvemento humano perdurable. Cremos que cidadanía do Sur, e en concreto as mulleres, ten dereito a tomar decisións sobre as súas vidas. Cremos que a pobreza que asoballa a máis de 1200 millóns de persoas no mundo ten as súas raíces nas nosas sociedades. E, sobre todo, cremos que a loita contra a pobreza é un exercicio de responsabilidade da cidadanía do Norte”.

No marco da campaña Cambia de Papel, celebrarase en Santiago unha carreira solidaria aberta ao público en xeral e a atletas federados para demostrar que se pode cambiar de actitude e ter un papel máis activo na sociedade. Será este sábado 26 de maio.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*