ExpOtaku, III Salón do Manga de Galicia

ExpOtaku, III Salón do Manga de GaliciaEn Expocoruña entre o venres 25 e o domingo 27 de maio.

O salón Expotaku acolle máis de 100 actividades: exposicións, concertos ou o tradicional concurso de cosplay. Un feixe de propostas relacionadas coa cultura xaponesa: cómic, videoxogos, gastronomía, anime, etc

Entre as principais novidades desta edición está a celebración conxunta de ExpOtaku con outras iniciativas relacionadas e dirixidas tamén a un público novo como o 35º aniversario de Star Wars, un ciclo de cinema asiático ou a 19ª edición da Arroutada Party. A Tropa Korriban tamén colabora en ExpOtaku: encargarase de ambientar o evento, con xogos e actividades relacionadas con Star Wars.

En horario de 10 a 21 horas en Expocoruña.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*