A familia Trebón coñece o río

Terceira entrega das aventuras que nos achega Sogama para axudar a explicarlles aos máis cativos o que todos podemos facer polo medio ambiente.

A familia Trebón está a aprender de xeito acelerado con Vito e Lilia como coidar o Planeta Verde. É certo que a Anselmo lle custa ben máis ca o resto da súa familia pero aínda así, xa o teñen máis convencido de que é preciso de que colabore.

Anteriores:



A familia Trebón
‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que trae un grupo de entrañables personaxes de visita a Botóns durante os próximos meses. Da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), coñeceremos as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto con Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

A familia Trebón vén dunha Galaxia moi afastada ata a Terra, que eles chaman o Planeta Verde. Aquí aprenden sobre a nosa vida e costumes. Vito e Lilia, dous rapaces galegos, fan de anfitrións e axudan a familia de extraterrestres a coñecernos un pouco mellor.

Anselmo Trebón é o pai extraterrestre, un individuo de bo corazón pero algo testán e zoupón. Ás veces máis traste que un cativo, e de feito son os cativos os que lle ensinan en moitas ocasións como facer as cousas ao xeito. Carola Trebón é a nai extraterrestre. Moi aguda e intelixente. É enxeñosa é sorprende cos seus inventos. Lucas Trebón, o fillo dos Trebón. Sorprendido con todo o que ve e descobre. Aprende axiña sobre a vida no Planeta Verde e pregunta moito sobre as cousas. Lilia e Vito son dous cativos que accidentalmente coñecen á familia Trebón na súa chegada á Terra, facéndose os moi amigos deles. Compañeiros de xogos de Lucas, gústalles tamén ensinarlle cousas á familia Trebón. Ah, e non esquezamos a dous compañeiros de xogos! O can Antenas, todo un can galáctico e o gato Evaristo, un felino moi comprometido e intelixente.Lucas, Vito e Lilia - A familia Trebón no Planeta Verde

Lecer e didáctica
Os contos da familia Trebón son unha serie de relatos de ficción con vocación de entretemento pero tamén didáctica. As ecoaventuras protagonizadas por Lilia, Vito, Carola, Anselmo e Lucas, xunto con Antenas e Evaristo, foron creadas para divertir aos máis pequenos, pero tamén para subliñar a importancia de que a cidadanía se implique activamente na xestión do lixo e na responsabilidade medioambiental.

O grupo de personaxes deseñados conforma unha familia que se compromete coa redución, reciclaxe e reutilización e que se preocupa dos problemas medioambientais con pequenos xestos diarios. Cun chisco de humor, sensibilízase do problema que representan os residuos e a necesidade de sumar esforzos entre todos.

Nos vindeiros días irémosvos achegando tamén actividades nas que os personaxes da Familia Trebón no Planeta Verde serán protagonistas.

14 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*