‘A pedagoxía intuitiva. As láminas educativas’

Exposición no Museo Pedagóxico de Galicia.

Nun modulo especialmente creado para esta exposición poderán contemplarse as láminas murais, tamén chamadas taboleiros pedagóxicos, e que eran consideradas desde mediados do século XIX como un extraordinario e orixinal recurso educativo tanto para a ensinanza elemental coma superior. Ditos documentos- datados a mediados do século XIX- están especializados nas disciplinas de Historia Sagrada e de España, nas nocións de Moral ou Urbanidade e na ensinanza dos rudimentos básicos de ler e escribir e están asinados por autores italianos, austríacos, franceses e sobre todo alemáns.

Complementase a exposición cunha colección de instrumentos científicos orixinais, propios daqueles tempos e daquel tipo de ensino, que pretendía xirar cara a un matiz máis práctico e científico para non perder o tren da embrionaria revolución industrial.

A exposición permanece accesible deica xaneiro de 2013 na sede do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), en Santiago de Compostela. Posteriormente, converterase en mostra itinerante a percorrer os institutos históricos galegos que integran a rede Mupega.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*