Premio ”É de libro” para estudantes das Aulas Tecnópole

tecnopole - GalicienciaInvestigaron a influencia das radiacións que emiten os dispositivos móbiles.

Queila Bouza e Martín Álvarez, alumnos das Aulas Tecnópole e de 4º da ESO no IES O Couto de Ourense, resultaron gañadores do certame ”É de libro” coa súa investigación científica sobre a influencia das radiacións que emiten os dispositivos móbiles, como os teléfonos ou os routers wifi, na xerminación das sementes e no crecemento das plantas.

Concluíron que hai unha influencia directa polo menos no proceso de xerminación, ao comprobar que a fertilidade das sementes foi maior no caso das que non estiveron expostas á radiación.

O proxecto foi desenvolvido no marco das Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e financiado pola Consellería de Economía e Industria. No certame, organizado polo Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO) co apoio do Ministerio de Educación, participaron un total de 3441 estudantes de toda España, que presentaron 517 proxectos.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*