A túa experiencia… crea escola!

A túa experiencia... crea escola!A alianza “Plataforma de Infancia” ten en marcha unha campaña de peneira de experiencias positivas na comunidade educativa.

Darlle “un xiro ás cousas” e recoñecer experiencias positivas que coñezamos e que estean en marcha para “entre todos e todas poidamos darlle valor á educación”.

Así se presenta unha campaña cuxos obxectivos específicos son:

  • Salientar as iniciativas positivas que se estean levando a cabo en materia de educación, sobre todo aquelas que van dirixidas a dotar a educación de calidade.
  • Abrir un espazo de participación onde a cidadanía poida expresarse e achegar as súas iniciativas e ideas sobre educación.
  • Publicar nun libro as experiencias máis votadas e valoradas pola cidadanía e os gañadores do concurso de cómic xuvenil.

O obxectivo central da campaña é, en definitiva, propiciar a mobilización cidadá, especialmente da comunidade educativa, e facer partícipes a dirección, profesorado, alumnado, entidades sociais, monitores, conselleiros, concelleiros, veciños, pais e nais e en suma a todas as persoas que contribúan a mellorar a educación.

Na web da campaña Crea Escola poden atoparse xa medio cento de iniciativas a nivel estatal, algunha delas galega. Por exemplo: Así é a nosa familia e así somos nós e a nosas escola

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*