“Kipling Ilustrado”, Libro Infantil-Xuvenil Mellor Editado en 2011

"Kipling Ilustrado", Libro Infantil-Xuvenil Mellor Editado en 2011Premio de edición para este conto de Kalandraka que contou co bo facer de sete recoñecidos debuxantes.

O galardón, recentemente concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, conleva que a obra distinguida participará nas accións institucionais de promoción do libro e que se vai expoñer nas principais feiras do sector.

A edición de “Kipling Ilustrado” xorde da exposición homónima organizada polo Museo Valenciano da Ilustración e da Modernidade (MUVIM) en febreiro de 2011, coincidindo co ano no que se cumpría o 75 aniversario do falecemento do escritor británico.

A obra reúne sete relatos de Rudyard Kipling (Bombay, 1865-Londres, 1936) ilustrados por sete destacados artistas plásticos do panorama gráfico actual: Ajubel, Pablo Amargo, Isidro Ferrer, Pep Montserrat, Pablo Auladell, Paco Giménez e Arnal Ballester. O libro complétase con artigos de varios expertos que reflexionan sobre o legado literario de Kipling e analizan a estreita relación entre Letras e Arte.

Máis información na web de Kalandraka: Kipling Ilustrado.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*