A vella Lulula

Cousa bonita a que armaron os cativos do CEIP A Lama. Cóntannos no Recanto de Leo: Non perdades A vella Lulula.

A vella Lulula decide lavar a roupa e colgala a secar no patio, a pesar do agoiro de tormenta. Voces misteriosas do seu xardín e que aparentemente proceden da cerdeira, o patinete, o sacho, o pozo, o balancín e ata do seu papagaio e do seu can, intentan disuadila.

Esta curta de animación é unha adaptación do conto de OQO do mesmo nome, A vella Lulula, escrito por Mar Pavón e ilustrado por Alessandra Cimatoribus.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*