Día Mundial Contra o Traballo Infantil

Día Mundial contra o traballo infantilMoito camiño por percorrer para protexer os menores das violacións aos seus dereitos humanos fundamentais.

Hai xa dous anos que a comunidade internacional adoptou, no marco da Organización Internacional do Traballo (OIT), unha folla de ruta para a eliminación cara ao 2016 das peores formas de traballo infantil. Segundo a OIT, ponse de manifesto que queda moito camiño por percorrer nese desafío.

Os nenos que son vítimas das peores formas de traballo infantil atópanse expostos a maltrato físico, psicolóxico ou moral que pode causarlles danos para o resto das súas vidas. Ao entraren no mercado laboral prematuramente prívaselles da educación e capacitación necesarias para que eles, as súas familias e as súas comunidades saian do ciclo de pobreza no que se encontran. Estes nenos e nenas deberían estar na escola recibindo educación e adquirindo habilidades que os preparen para acceder a un traballo decente na súa vida adulta.

A OIT estima que no mundo hai cando menos 215 millóns de nenos e nenas vítimas do traballo infantil e que máis da metade destes están involucrados nas súas peores formas.

Por todo isto, neste Día Mundial, a OIT exhorta a:

  • Á ratificación universal dos Convenios da OIT sobre o traballo infantil (así como o resto dos convenios fundamentais da OIT)
  • A adopción de políticas e programas estatais que garantan un progreso efectivo na loita contra o traballo infantil
  • A posta en marcha de iniciativas para ampliar o movemento mundial contra o traballo infantil

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*