Versións para móbiles dos conxugadores verbais en español e portugués

Cilenis pon na rede de balde as aplicacións para móbiles con Android.

Conjugador Português e Conjugador Español permiten consultar só verbos normativos ou calquera outro verbo que se nos ocorra: neoloxismos, tecnicismos, localismos, verbos de xerga ou incluso inventados. O de español recolle todos os verbos recoñecidos pola Real Academia Española (RAE). Así mesmo, distingue os verbos polisémicos que teñen dúas conxugacións diferentes en función do seu significado. O portugués permite conxugar verbos segundo a normativa brasileira ou portuguesa, en ambos casos antes e despois do Acordo Ortográfico.

As dúas aplicacións son as máis completas, fiables e versátiles do seu ámbito. Non teñen competencia no mercado de Android, onde só existen outros tres conxugadores para español, todos eles incompletos, con erros lingüísticos e incluso con interfaces noutros idiomas; e un só para portugués, que unicamente permite consultar verbos dunha lista predefinida. Isto sitúa os seus promotores, a Cilenis, en primeira liña na creación de ferramentas lingüísticas para móbiles nos ámbitos hispánico e lusófono.

Empresa galega pioneira
Cilenis é xa proxecto de referencia no eido do procesamento da linguaxe natural e a enxeñería lingüística. As dúas ferramentas agora presentadas, baseadas en software libre e moi sinxelas e intuitivas, foron desenvolvidas pola empresa GalApps para Cilenis e poden descargarse e instalar en terminais Android de maneira rápida, totalmente gratuíta e sen publicidade.

Cilenis é unha empresa spin-off creada en 2011 por membros do grupo de investigación
ProLNat@GE da USC. Ofrece produtos e solucións avanzadas nos campos do procesamento da linguaxe natural e a enxeñaría lingüística.

Relacionado: A máis completa ferramenta online para conxugar verbos de maneira automática

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*