Inicio » Actualidade » Primeiro Congreso Internacional Tecnoloxías para o Autismo: ferramentas, tendencias e testemuños

Primeiro Congreso Internacional Tecnoloxías para o Autismo: ferramentas, tendencias e testemuños

Primeiro Congreso Internacional Tecnoloxías para o Autismo: ferramentas, tendencias e testemuños En Valencia, do 6 ao 8 de xullo.

Este Primeiro Congreso Internacional Tecnoloxías para o Autismo ten como obxectivos:
-Crear un espazo de diálogo internacional entre os investigadores, as empresas tecnolóxicas, as familias e os profesionais da intervención para intercambiar ideas sobre a aplicación das novas tecnoloxías ao mundo do autismo e detectar avances e necesidades neste campo.
-Presentar os últimos achados en investigación.
-Presentar testemuño e resultados do uso de programas tecnolóxicos por parte de profesionais da intervención, familiares e das propias persoas con autismo.
-Crear un espazo para recibir retroalimentación por parte dos usuarios da tecnoloxía e os profesionais da intervención para que a tecnoloxía poida adaptarse cada vez máis ás necesidades.
-Crear un foro para contribuír a trazar o futuro neste ámbito e definir como utilizar os coñecementos xerados no campo da tecnoloxía e o autismo.

O Congreso está organizado pola Fundación Orange, a Fundación Adapta e Autism Speaks.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*