Achégate á astronomía

Obradoiros da Biblioteca Neira Vilas, en Vigo.

Terán lugar os martes 7, 14, 21 e 28 de agosto.
Catro sesións independentes pero complementarias nas que se elaborarán diferentes obradoiros sobre a astronomía.

Dous dos obradoiros falarán da astronáutica onde se explicarán de forma amena as dificultades que atopa un astronauta ao viaxar ao espazo e os requisitos  que se deben cumprir se queremos ser astronautas.
Nos outros dous entraremos nun espazo máxico que nos traslada a un mundo descoñecido, no que se agochan historias e lendas creadas por todos os pobos.

Prazas: 30 nenos de 3 ata 13 anos

Inscrición: Os interesados en participar neste obradoiro poden formalizar a súa inscrición a partir do 15 de xullo e ata o 3 de agosto de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. O obradoiro é gratuíto e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

A inscrición  farase para cada unha das sesións de forma independente.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*