As escolas dos americanos

Revista Galega de Educación  - Número 53Xa na rúa a Revista Galega de Educación nº 53.

Antón Costa e Xosé Manuel Malheiro coordinan este novo número monográfico editado por Nova Escola Galega:

Desde os anos setenta do século XIX e ao longo das primeiras décadas do XX centos de miles de galegos e galegas trasladáronse a diversas terras de América como emigrantes económicos.

Confrontáronse alí e interactuaron cun novo mundo para eles, no que apreciaron un maior/mellor desenvolvemento social e cultural; desde tal apreciación, avivada mediante procesos de organización colectiva maiormente de base identitaria, propuxéronse moitos deles facer avanzar o desenvolvemento cultural e social en Galicia, a través de procesos de autoorganización social e política e da escolarización.

Foi así, como nos anos vinte, logo de sostidos incrementos, cerca de 500 aulas escolares primarias de toda Galicia, sendo unha parte delas do Estado, notaban o influxo “dos de América”…

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*