Galego de cine

Obradoiro de cinema en Santiago para nenos e nenas de 6 a 12 anos.

O xoves 6 de setembro, de 17:00 a 20:00 horas, celebrarase na praza do Toural, en Santiago de Compostela, Galego de cine, un obradoiro de cinema e proxeccións para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Esta actividade forma parte do programa FalaRedes, realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para as entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística. A entrada é libre, sen necesidade de inscrición previa.

Galego de cine é un obradoiro que fai un achegamento á linguaxe audiovisual a través de filmes en galego. Así, os pequenos adentraranse nunha caravana converténdose en espectadores das mellores curtas infantís en galego. O visionado irá acompañado de actividades de comprensión das películas e rematarase cun videomatón onde os cativos crearán a súa propia historia mediante a oralidade, seguindo o modelo do cadáver exquisito.

Máis información na web de FalaRedes e nas redes sociais do programa: Twitter (@falaredes) e Facebook e Tuenti (Programa FalaRedes).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*