IV Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico: Patrimonio Lúdico Costeiro e Educación

Inscrición aínda aberta. Organizado por Nova Escola vaise celebrar os días 21 e 22 de setembro de 2012.

O IV Curso de Formación do Patrimonio Lúdico traslada o seu lugar de celebración para a Illa de Arousa, xustamente para darlles opcións ás prácticas lúdicas propias da costa de ter o protagonismo que a súa vixencia merece.

Teñen cabida no concepto de patrimonio lúdico costeiro tanto as prácticas lúdicas tradicionais que teñen o mar como protagonista (as dornas, as traiñeiras, a cucaña de auga, os bateis…) como aquelas outras que, desenvolvéndose en terra, encontran nas áreas de costa formas especiais de concreción ou, en todo caso, variantes diferentes das que poden atoparse no interior do país (os birlos, a estornela…).

Destinatarios/as:
Profesorado de Ensino Primario e Secundario en xeral.
Educadores/as en xeral.

Número máximo de participantes:
80, por rigorosa orde de inscrición.

Nº de horas:
12 (homologación da Consellería de Educación en trámite).

Cotas de inscrición:
(A matrícula inclúe seguro de navegación necesario para participar na aprendizaxe da navegación tradicional. NON SE ADMITIRÁN MATRÍCULAS DESPOIS DO 18 DE SETEMBRO)

Ata o 13 de setembro de 2012
Ordinaria: 50 €
Parados/as e estudantes: 40 €
Socios/as de NEG: 30 €

Do 14 ao 18 de setembro de 2012

Ordinaria: 60 €
Parados/as e estudantes: 50 €
Socios/as de NEG: 40 €

Toda a información na web de Nova Escola Galega: IV Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico, Patrimonio Lúdico Costeiro e Educación e na da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*