Deica o 7 de outubro permanece aberta na Fundación Luís Seoane esta orixinal mostra.
A exposición céntrase tanto na figura do escritor irlandés Bram Stoker de quen se conmemora durante o 2012 o centenario da súa morte, como no universo da súa máis célebre creación literaria, Drácula.
Tamén nas fontes que a orixinaron e da súa posterior e esmagadora influencia en diferentes eidos culturais, desde os máis eruditos ata as expresións máis coñecidas da cultura popular. Drácula, un monstro sen reflexo analiza de xeito exhaustivo o nacemento e percorrido dun mito moderno a través dunha extensísima bibliografía, carteis, cómics, obras de arte, películas, etc
Máis información: Drácula, un monstro sen reflexo