ExploraDomus Escola

Actividade para os escolares de primaria na Domus.

Terá lugar os martes ás 11h na Domus. Os participantes porán en práctica as ferramentas dos científicos: reparar naquilo que habitualmente pasa desapercibido, facer preguntas, observar e comparar.

Nesta convocatoria o tema central é a ciencia que se esconde detrás da cociña, onde os alumnos poderán fabricar unha momia e elaborar unha maicena alucinante.

ExploraDomus é unha actividade dirixida a alumnos de entre 6 e 10 anos, e ten lugar na Domus (c/ Ángel Rebollo, 91. A Coruña) os martes ás 11 horas.

A primeira sesión desta nova edición será o martes 2 de outubro. Para participar hai que inscribirse previamente chamando ao teléfono 981 189 840 ou escribindo a domus@casaciencias.org. A tarifa é de 1 euro por alumno (gratis para centros escolares do Concello da Coruña ou centros escolares socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*