‘Rir, por no chorar ‘

A exposición de Adega chega a Monforte de Lemos. Unha visión retranqueira e irónica da problemática ambiental.

O obxectivo deste proxecto é concienciar sobre as ameazas e as agresións que pairan sobre o noso patrimonio natural e cultural. Por outra banda, intenta buscar solucións e propostas realmente sostibles e equilibradas de respecto ao noso entorno.

Inclúe 36 obras elaboradas por unha vintena humoristas gráficos e ilustradores: Pinto & Chinto, Leandro, Guitián, Calros Silvar, Alberto Okidoki, Almudena, Dávida, Idoia de Luxán, Mª Carmen Ferrín, Rooster, Sergio Covelo, Marcos Beltrán, Quico, Zamudio, Miguel Fernández, Jorge Alba, Alfredo López “Tokio”.

A mostrará estará instalada nunha carpa ao aire libre no Parque dos Condes e nela haberá un espazo para que aqueles que así o desexen colaboren cos seus debuxos ou mensaxes.

Deica este xoves 27 de setembro.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*