Nace ‘Ollos de aula’

Unha revista creada pola Coordinadora Galega de ENDL para as familias.

Co mes de outubro chega á rede o primeiro número de Ollos de aula. Trátase dunha publicación de información variada elaborada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

As súas páxinas darán cabida á actualidade educativa e a temas de interese pedagóxico e achegarán suxestións para axudar na tarefa educativa ás familias. ‘Ollos de aula’ chegará ás casas a través dos centros educativos e dos Equipos de Normalización Lingüística.

A publicación ten como obxectivos achegarlles ás familias información variada ao redor da educación e convidalas a reflexionar sobre aqueles temas que lles preocupan como nais e pais. Ao longo das distintas seccións procurarase darlle resposta ás preguntas que formulen as familias, afondar en temas de actualidade, explicar conceptos propios do ensino ou achegar suxestións (lectura, música, viaxes…) para seren compartidas cos fillos e fillas, sen esquecer, loxicamente, a actualidade da lingua galega e as reflexións sobre a súa aprendizaxe. Ollos de aula ten unha periodicidade mensual, unha extensión de oito páxinas e pode ser personalizada por cada centro ou ENDL para adaptala á súa realidade máis próxima.

Podedes descargala desde a propia web da Coordinadora.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*