O Día de Ada Lovelace

O Día de Ada LovelaceUnha iniciativa para contribuír a apartar obstáculos no acceso da muller á ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

A británica Ada Augusta Lovelace (1815-1852), filla do poeta inglés Lord Byron, foi unha destacada matemática do século XIX. O seu traballo convértea ademais en personaxe clave do desenvolvemento da informática e os expertos considérana mesmo a primeira programadora da historia. Isto é así pola súa contribución fundamental aos traballos doutro pioneiro da computación, Charles Babbage, quen recorreu á sabedoría de Ada Lovelace para o deseño teórico do seu proxecto de calculadora mecánica que, malia non chegar a construírse no seu momento, quedou no papel como un antepasado dos computadores.

En recordo desta pioneira lanzouse a iniciativa Día de Ada Lovelace, un proxecto que quere poñer en primeiro plano a importancia do acceso da muller á ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. Un camiño cheo de obstáculos, vetos e problemas ao longo da historia e que paseniño se van eliminando. Na web do proxecto, internautas de todo o mundo escriben sobre ese contexto científico onde tradicionalmente os homes foron maioría relatando a historia de mulleres que lles inspiraron polo seu papel destacado no eido da ciencia.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*