I Foro de Familias de persoas afectadas polo Dano Cerebral

O 26 de outubro en Santiago de Compostela. Organiza FEGADACE.

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) convoca con motivo do Día do Dano Cerebral, o I Foro de Familias de persoas afectadas polo Dano Cerebral Adquirido. Esta xuntanza pretende ser un punto de reunión e diálogo sobre a problemática común, para a xeración de propostas e a reivindicación conxunta das necesidades do colectivo.

O Foro de Familias celébrase o sábado, 26 de outubro, en Santiago de Compostela, nas instalacións do CIFP Politécnico de Santiago (Avenida Rosalía de Castro, nº 133). O programa que inclúe relatorios e grupos de traballo, e a entrega de recoñecementos a persoas significadas no traballo a prol do colectivo de persoas con dano cerebral.

A FEGADACE aproveita ademais para presentar o seu novo espazo na rede e presenza en redes sociais, onde poden atopar máis información sobre esta convocatoria

A Federación Galega de Dano Cerebral constituíuse en 2007 polas cinco asociacións que traballan en Galicia: Adaceco na Coruña, Adace en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago. O obxectivo da Federación é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas afectadas polo dano cerebral. Desde agora farao, tamén, a través das redes sociais.

2 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*