Cursos, obradoiros e ludoteca de outono en Ourense

Programa de actividades nos Centros Cívicos ata a finalización deste curso académico.

O Concello de Ourense abre este luns, 22 de outubro, o prazo de inscrición nas actividades, todas elas gratuítas, que dende a Concellería de Benestar Social, se ofertan na rede de Centros Cívicos da cidade. O prazo de inscrición rematará o luns día 29 de outubro e as prazas concederanse por rigorosa orde de inscrición.
Actividades para adultos
Cada Centro Cívico conta cunha oferta concreta de actividades para adultos:
1) Centro Cívico da Ponte (Euloxio Gómez Franqueira, 43)
? Iniciación á informática, internet e informática avanzada
? Danza oriental
? Bailes de Salón, ioga e ximnasia de mantemento
2) Centro Cívico de Colón (rúa Colón, 18)
? Iniciación á informática, internet e informática avanzada
? Danza oriental e bailes de salón
? Chi Kung
3) Centro Cívico A Cuña (rúa doutor Pena Rey, 18)
? Iniciación á informática, internet e informática avanzada
? Danza oriental e bailes de salón
? Ximnasia de mantemento
4) Centro Cívico As Termas
? Iniciación á informática, internet e informática avanzada
? Danza oriental e bailes de salón
? Ximnasia de mantemento
? Manualidades
Os Centros Cívicos abren de luns a venres de 8.00h a 15.00h e de 15.30h a 21.30h e os sábados de 10.00h a 14.00h e de 15.30h a 21.30h, no caso de Colón e a Ponte, de luns a venres de 9.30h a 14.00h e de 15.30h a 21.30h e os sábados de 10.00h a 14.00h e de 15.30 a 21.30h, no caso do Centro Cívico da Cuña e de 10.00h a 13.00h e de 16.30h a 20.00 de luns a sábado no Centro Cívico das Termas, na Praza 200.
Actividades para os máis cativos
Do mesmo xeito, os pequenos tamén contarán cun amplo abano de actividades pensadas para eles, que se desenvolverán nos centros cívicos ó longo de todo o curso académico. As solicitudes de inscrición tamén serán presentadas nos propios centros. O prazo é máis flexible neste caso podendo anotar ós nenos durante o desenvolvemento das actividades sempre que haxa prazas dispoñibles.
Así, os cativos contarán cun servizo de ludoteca, actividades os sábados e reforzo escolar nos centros cívicos da Cuña e A Ponte. O centro de Colón ofertará actividades para os máis pequenos os sábados pola mañá, igual que o fará o centro das Termas, no que tamén se suma o servizo de ludoteca de luns a venres.
A ludoteca abrirá as súas portas de luns a venres en horario de 17:30 a 20:00 horas para os pequenos nacidos entre o 2004 e o 2009. As actividades dos sábados, cun horario de 10:30 a 13:00 horas, están dirixidas ós nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria. O reforzo escolar, que se levará a cabo nos centros de A Cuña e A Ponte está destinado ós nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*