Tecnopoly

Cara ao Día da Ciencia en Galego. Velaquí un xogo deseñado pola Apetega.

Un taboleiro similar ao do Monopoly onde se substituirían as rúas que podes comprar por inventos das diferentes épocas da historia da humanidade: lume, parafuso de Arquímedes, arcos, imprenta, máquina de vapor, transistor… onde os xogadores comprarían as patentes ou dereitos de explotación.

As casiñas de sorte e similares serían substituídas por preguntas tipo trivial que darían cartos ou posibilidade de volver tirar. Tanto o taboleiro como os cartos e títulos de propiedade están dispoñibles para a súa descarga nun formato imprimible xunto con outras actividades lúdicas na web da Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA)

Relacionado: Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego 2012

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*