A familia Trebón aprende a coidar o bosque

Neste capítulo 8 os nosos amigos coñecen outra realidade fascinante: a do bosque.

O capítulo 8 das aventuras no Planeta Verde achéganos da man de Sogama aos nosos bosques.

Na aprendizaxe de valores básicos para o respecto ao medio ambiente, chega á rede unha nova entrega as aventuras da familia Trebón no Planeta Verde. Da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), os máis cativos poderán contemplar as peripecias dos personaxes. Para axudar a comprender mellor este mundo, o Gato Evaristo chamou un amigo moi particular: o Chucho. O que pasa é que este xabaril non é moi puntual e xa levan agardando por el un bo anaco. Onde estará? Uhm. O Gato Evaristo cre que ten unha boa pista…

Anteriores:



A familia Trebón
‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que trae un grupo de entrañables personaxes de visita a Botóns durante os próximos meses. Da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), coñeceremos as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto con Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

A familia Trebón vén dunha Galaxia moi afastada ata a Terra, que eles chaman o Planeta Verde. Aquí aprenden sobre a nosa vida e costumes. Vito e Lilia, dous rapaces galegos, fan de anfitrións e axudan a familia de extraterrestres a coñecernos un pouco mellor.

Anselmo Trebón é o pai extraterrestre, un individuo de bo corazón pero algo testán e zoupón. Ás veces máis traste que un cativo, e de feito son os cativos os que lle ensinan en moitas ocasións como facer as cousas ao xeito. Carola Trebón é a nai extraterrestre. Moi aguda e intelixente. É enxeñosa é sorprende cos seus inventos. Lucas Trebón, o fillo dos Trebón. Sorprendido con todo o que ve e descobre. Aprende axiña sobre a vida no Planeta Verde e pregunta moito sobre as cousas. Lilia e Vito son dous cativos que accidentalmente coñecen á familia Trebón na súa chegada á Terra, facéndose os moi amigos deles. Compañeiros de xogos de Lucas, gústalles tamén ensinarlle cousas á familia Trebón. Ah, e non esquezamos a dous compañeiros de xogos! O can Antenas, todo un can galáctico e o gato Evaristo, un felino moi comprometido e intelixente.Lucas, Vito e Lilia - A familia Trebón no Planeta Verde

Lecer e didáctica
Os contos da familia Trebón son unha serie de relatos de ficción con vocación de entretemento pero tamén didáctica. As ecoaventuras protagonizadas por Lilia, Vito, Carola, Anselmo e Lucas, xunto con Antenas e Evaristo, foron creadas para divertir aos máis pequenos, pero tamén para subliñar a importancia de que a cidadanía se implique activamente na xestión do lixo e na responsabilidade medioambiental.

O grupo de personaxes deseñados conforma unha familia que se compromete coa redución, reciclaxe e reutilización e que se preocupa dos problemas medioambientais con pequenos xestos diarios. Cun chisco de humor, sensibilízase do problema que representan os residuos e a necesidade de sumar esforzos entre todos.

Poñemos tamén á vosa disposición actividades nas que os personaxes da Familia Trebón no Planeta Verde son os protagonistas.

3 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*