Facendo Física de Partículas polo mundo

A CGENDL organiza unha videoconferencia nas escolas este III Día da Ciencia en Galego.

Para este III Día da Ciencia en Galego, a Coordinadora Galega de ENDL tamén preparou un evento especial. O vindeiro martes 6 de novembro (entre as 12:30h e as 13:30h), destacados investigadores galegos achegarán a través dunha videoconferencia temáticas de interese curricular para o alumnado e falarán dos proxectos científicos que desenvolven na actualidade. A actividade está pensada para alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato.

Os relatores participantes serán:

  • Patricia Conde. Investigadora no LIP de Lisboa. Física do experimento ATLAS do CERN.
  • Olaia Castro. Profesora no City University en Londres. Investiga en Teoría Cuántica de Campos.
  • Carlos Salgado. Investigador Asociado no CERN e Ramón y Cajal na USC. Traballa na fenomenoloxía da Física de Ions Pesados.
  • Cibrán Santamarina. Profesor da USC. Traballa no experimento LHC do CERN.

Facendo Física de Partículas polo mundoAdemais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.

Os experimentos do Gran Colisor de Hadróns (LHC) no Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN) levan máis de dous anos de toma de datos. Neste período producíronse resultados científicos de grande interese.
Neste proxecto internacional traballan físicos galegos que colaboran con colegas de todo o mundo nun contexto multilingüe.

RELACIONADAS:

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*