10 consellos para unha parentalidade positiva

Decálogo elaborado por Save the Children, que abriu un espazo para compartir materiais, reflexións e vivencias sobre bo trato e educación sen violencia.

Educar en positivo e desde o bo trato significa educar os nenos sen recorrer aos berros, aos insultos, ás ameazas, ás humillacións, aos azoutes ou ás losqueadas.
A paternidade positiva esixe paciencia, dedicación e esforzo. Non sempre é fácil, pero educar en positivo é posible. De feito, os castigos causan dor, tristeza, medo, soidade, culpabilidade e baixa autoestima, e demostrouse que non son eficaces na educación dos fillos. Save the Children, coa colaboración do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, elaborou unha guía con 10 consellos prácticos sobre parentalidade positiva e bo trato. Velaquí o resumo:

1. Fai caso ao teu fillo sempre: atende e entende as súas demandas.
O benestar emocional e o correcto desenvolvemento do sistema nervioso do neno e das súas capacidades (linguaxe, memoria, atención) dependen da resposta protectora do adulto. Se as necesidades do bebé non son atendidas, experimenta sentimentos de indefensión que afectan negativamente ao seu desenvolvemento.

2. Ármate de paciencia!
Sé paciente sempre que o neno teña unha rabecha, non queira colaborar ou se mostre esquivo. Axúdalle a verbalizar o que sente e trata de confortalo. Engadir máis tensión á situación con berros ou ameazas non serve de nada.

3. Pon normas claras, realistas e consistentes, pero non cando esteas enfadado ou canso!
A partir dos 3 anos, podes introducirlle normas. Desde pequeno debe ter claro que hai límites, deberes e responsabilidades. As normas establécense sen ameazas, falando e implicando ao neno e antes de que xurda calquera conflito.

4. Déixalle participar nas decisións: escoita a súa opinión.
Aos 5 anos, permítelle participar no establecemento de normas de convivencia familiar. Sentirá que a súa opinión importa e desenvolverá o seu sentido da responsabilidade

5. Demostra abertamente que lle queres, con abrazos e atención.
Expresa sempre o teu agarimo (con palabras e xestos) e dedica tempo a escoitalo desde que é pequeno: que lle preocupa, que lle fai feliz, os seus medos? Ofrécelle amor e apoio sempre, gústeche ou non como é ou as cousas que pense ou decida.

6. Asume os cambios que se producen na adolescencia e adáptate a eles.
Non te enfrontes á súa evolución; mellor acompáñalle nesa nova etapa ofrecéndolle o mesmo que nas anteriores: afecto, diálogo e normas de convivencia.

7. Practica a escoita activa co teu fillo.
Presta atención ao que quere dicirche. Trata de porte no seu lugar e expresa como te sentes, para que el ou ela tamén che entenda a ti.

8. Non recorras nunca á violencia ou á agresividade: non serve de nada.
As imposicións de poder como “na miña casa faise o que eu diga” ou “aquí mando eu”, non serven de nada, só xeran sentimentos negativos, distancia e desconfianza.

9. Respira fondo e pénsao dúas veces.
Non lle impoñas sancións pouco realistas que non poderán cumprirse, desproporcionadas ou difíciles de alcanzar ou manter.

10. Cóidate e quérete ti tamén!
Busca espazos para ti, para gozar e relaxarte. Exercer unha paternidade positiva require moito esforzo e xenerosidade. O teu fillo ou filla necesita que sexas feliz e esteas en forma.

Decálogo elaborado por Save the Children. Recomendámosvos visitar o seu espazo ‘Quero que te quero!’, onde se comparten materiais, reflexións e vivencias sobre bo trato e educación sen violencia.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*