Cama e conto

Espectáculo de Títeres Babaluva.

Hoxe Malva e a súa nai xúntanse para limpar a casa onde vivían hai tempo, namentres recollen os obxectos da habitación, lembran aqueles días nos que Malva devecía por que a súa nai lle lera un conto antes de ir durmir. Con esas historias viaxaban ata un mundo de fantasía onde todo era posible. Pero des que Malva aprendeu a ler as cousas cambiaron e xa non houbo “cama e conto” ata que … a nena discorreu unha idea bomba.

Cama e conto é un espectáculo da compañía Títeres Babaluva

As vindeiras representacións serán na programación infantil do ciclo Teatro&Danza: Sábado 10 de novembro en Santiago de Compostela e na Casa da Cultura do Milladoiro, en Ames, o venres 16 de novembro.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*