Quedamos no palco, quedamos coa clásica

Iniciativa que achega os grandes recitais da clásica aos rapaces coa Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, agrupacións que soarán desta volta con algúns dos máis reputados directores e solistas coma Ainhoa Arteta, Frank Peter Zimmermann ou Marin Gheras. No centro Novacaixagalicia de Vigo.

Os centros educativos poden solicitar invitacións de balde para asistir co estudantado de ESO e bacharelato. E ademais, media hora antes dos concertos de música clásica, hai na billeteira venda de localidades a 5 € para mozos e mozas de ata 35 anos.

CONCERTOS

Real Filharmonía de Galicia

Venres 9 de novembro ás 20.30 h.

Programa: LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827) Obertura de Leonora núm. 1, op.138; DIMITRI SHOSTAKÓVICH (1906-1975) Concerto para violín e orquestra núm.1 en la menor, op. 77; Nocturno. Moderato, Scherzo. Allegro, Passacaglia. Andante, Burlesque. Allegro con brio; FRANZ SCHUBERT (7975-1828), Sinfonía núm. 9 e Do maior, D 944, “A Grande”, Andante – Allegro ma non troppo, Andante con moto, Scherzo. Allegro vivace, Finale. Allegro vivace

Director: David Afkham

Violín: Frank Peter Zimmermann

Orquestra Sinfónica de Galicia

Xoves 13 de decembro ás 20.30 h.
Programa: R. STRAUSS. Catro últimos lieder, TrV296; A. BRUCKNER. Sinfonía núm. 9 en Re menor

Director: Víctor Pablo Pérez

Soprano: Ainhoa Arteta

Real Filharmonía de Galicia

Mércores 19 de decembro ás 20.30 h.
Programa:

G. ROSSINI. Obertura de Semiramide; J. DURÁN. Divertimento; J. BRAHMS. Sinfonía núm. 1 en Do menor, Op. 68

Director: Antoni Ros-Marbà

Os centros educativos poden solicitar as invitacións a través do teléfono 988 391 746, dispoñendo dun máximo de sete localidades por concerto para os alumnos e unha para o profesor ou adulto responsable do alumnado. Deberase comunicar a relación final de asistentes con tres días de antelación. As invitacións poderanse recoller na billeteira desde hora e media antes do concerto.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*