Mesa para 7 mil millóns

Campaña de Intermón Oxfam para reivindicar o dereito á alimentación.

Sabes que case 900 millóns de persoas irán durmir con fame hoxe? É unha realidade inxusta que subliña o colectivo Intermón Oxfam ao tempo que recorda un dato importante: O noso planeta produce alimentos abondo para todas e todos.

Por iso, esta asociación internacional decidiu poñer en marcha esta campaña para loitar contra esa realidade inxusta e axudar a conseguir que todas as persoas do planeta teñan comida suficiente. Poden facerse doazóns desde 2 euros. Xustamente, 2 euros é o equivalente ao prezo dos cereais que necesita unha persoa no Sahel para alimentarse durante unha semana.

Máis información sobre a campaña ‘Mesa para 7000 millóns

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*