Concurso: o que significa a paz en Europa

Certame de debuxo e escritura que convidará catro rapaces á cerimonia de entrega do Nobel da Paz.

“O Premio Nobel da Paz concedido á Unión Europea tamén é teu”. Baixo ese lema, a UE, en colaboración co Foro Europeo da Mocidade, convida a participar nun concurso de debuxo e escritura. Os catro gañadores serán convidados á cerimonia de entrega do Nobel da Paz 2012, formando parte da delegación oficial da UE que viaxará a Oslo para recibir o galardón.

“Paz, Europa, Futuro: Que significa para ti a paz en Europa?”. Arredor desa idea, nenos e nenas de entre 8 e 12 anos son convidados a expresaren a súa resposta a través dun debuxo e mozas e mozos de entre 13 e 24 anos a enviaren un texto de ata 120 caracteres como máximo en calquera das 23 linguas oficiais da UE.

O prazo de participación queda aberto deica a medianoite do próximo día 25 de novembro.

Máis información: web oficial do concurso

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*