A linguaxe da banda deseñada e as Cantigas de Santa María

Iniciativas didácticas da Asociación BD Banda e a escola de banda deseñada ‘O Garaxe Hermético’.

‘As Cantigas de Santa María. Arte Bdieval’ é unha mostra editada en portugués e distribuída pola asociación BD Banda da man da Associaçom Galega da Língua (AGAL), nela analízase, a través de dez paneis a toda cor, como esta obra, ademáis da súa importancia musical e literaria, supón un exemplo pioneiro da novena arte. Ademais, a mostra achega información de contexto sobre cuestións como a historia, a lingua ou a elaboración dos códices medievais.

A outra iniciativa didáctica de BD Banda para este curso é unha nova edición da exposición As bases da banda, que acompañará cunha oferta didáctica de obradoiros e actividades arredor da banda deseñada. A exposición céntrase nos elementos da linguaxe da banda deseñada explicados de xeito sinxelo. Os planos, as transicións, a construción dun relato, os estilos de debuxo ou a evolución história da novena arte son algúns dos temas que se tratan neste material, especialmente axeitado para se iniciar na narración gráfica.

As dúas mostras ofértanse aos centros de ensino en alugueiro durante este curso 2012-2013. Máis información na web de BD Banda

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*