Recitando a Celso Emilio

O 12 do 12 de 2012 convócase a toda a comunidade educativa a un acto festivo arredor da figura de Celso Emilio Ferreiro.

No centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propoñen renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

Na web da Coordinadora Galega de ENDL toda a información sobre a iniciativa Recitando a Celso Emilio.

Relacionado:

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*