Inicio » Planeta Verde » A familia Trebón celebra o Nadal

A familia Trebón celebra o Nadal

Capítulo especial de Nadal cos nosos amigos do Planeta Verde.

Anselmo está conxelado. Que frío faaiiiii aí fóra! Menos mal que aquí dentro se está quentiño. E mirade. Vito fixo chocolate quente para todos! Mñammm. A Anselmo e Antenas fáiselles a boca auga…

O capítulo 11 das aventuras no Planeta Verde achéganos da man de Sogama ao Nadal.

Na procura de aprendizaxe de valores básicos para o respecto ao medio ambiente, chega á rede unha nova entrega as aventuras da familia Trebón no Planeta Verde. Da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), os máis cativos poderán contemplar as peripecias dos personaxes durante a celebración do Nadal. De paso, recordámosvos que Sogama editou recentemente un Código de boas prácticas ambientais en Nadal.

Anteriores:



A familia Trebón
‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que trae un grupo de entrañables personaxes de visita a Botóns durante os próximos meses. Da man da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), coñeceremos as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto con Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

A familia Trebón vén dunha Galaxia moi afastada ata a Terra, que eles chaman o Planeta Verde. Aquí aprenden sobre a nosa vida e costumes. Vito e Lilia, dous rapaces galegos, fan de anfitrións e axudan a familia de extraterrestres a coñecernos un pouco mellor.

Anselmo Trebón é o pai extraterrestre, un individuo de bo corazón pero algo testán e zoupón. Ás veces máis traste que un cativo, e de feito son os cativos os que lle ensinan en moitas ocasións como facer as cousas ao xeito. Carola Trebón é a nai extraterrestre. Moi aguda e intelixente. É enxeñosa é sorprende cos seus inventos. Lucas Trebón, o fillo dos Trebón. Sorprendido con todo o que ve e descobre. Aprende axiña sobre a vida no Planeta Verde e pregunta moito sobre as cousas. Lilia e Vito son dous cativos que accidentalmente coñecen á familia Trebón na súa chegada á Terra, facéndose os moi amigos deles. Compañeiros de xogos de Lucas, gústalles tamén ensinarlle cousas á familia Trebón. Ah, e non esquezamos a dous compañeiros de xogos! O can Antenas, todo un can galáctico e o gato Evaristo, un felino moi comprometido e intelixente.

Lecer e didáctica
Os contos da familia Trebón son unha serie de relatos de ficción con vocación de entretemento pero tamén didáctica. As ecoaventuras protagonizadas por Lilia, Vito, Carola, Anselmo e Lucas, xunto con Antenas e Evaristo, foron creadas para divertir aos máis pequenos, pero tamén para subliñar a importancia de que a cidadanía se implique activamente na xestión do lixo e na responsabilidade medioambiental.

O grupo de personaxes deseñados conforma unha familia que se compromete coa redución, reciclaxe e reutilización e que se preocupa dos problemas medioambientais con pequenos xestos diarios. Cun chisco de humor, sensibilízase do problema que representan os residuos e a necesidade de sumar esforzos entre todos.

Poñemos tamén á vosa disposición actividades nas que os personaxes da Familia Trebón no Planeta Verde son os protagonistas.

4 Responses to A familia Trebón celebra o Nadal

  1. Pingback: A familia Trebón: Xoguetes de Papel | Botóns

  2. Pingback: Na Cidade co Bilibús do profesor Uxío | Botóns

  3. Pingback: Un souto cheo de vida | Botóns

  4. Pingback: PLANETA VERDE: As aventuras da Familia Trebón | Botóns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*