A letra miúda

Nace esta revista de sociolingüística para o ensino editada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

‘A letra miúda’ é unha publicación dixital dirixida ao profesorado dos centros de ensino non universitario. A través dos seus artigos tratará de achegar información e datos imprescindibles en materia sociolingüística para os/as docentes que traballan nese ámbito e axudarlles no deseño de modelos de intervención encamiñados á normalización do galego no ámbito educativo.

A publicación ten como obxectivo cubrir necesidades formativas do profesorado en xeral e especialmente daqueles que participan activamente na normalización do galego no ámbito educativo, contribuíndo a capacitalo para a toma de decisións metodolóxicas, pedagóxicas e didácticas de maneira crítica e reflexiva.

A Letra Miúda achegará por exemplo artigos inéditos de cualificados especialistas, experiencias educativas desenvolvidas en situación de contacto entre linguas ou descricións e análises de modelos lingüísticos educativos e información significativa sobre a situación sociolingüística de Galicia e doutros territorios con linguas minorizadas.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*