Berrogüetto en familia

Berrogüetto en familiaConcerto didáctico de Berrogüetto. O venres 21 na Cidade da Cultura.

Unha actuación didáctica na que pais e nenos descubrirán xuntos a esencia do folk e da cultura popular galega. Unha actuación na que grandes e pequenos coñecerán os segredos de cada
instrumento e achegaranse un pouco máis ao que hai detrás dunha actuación en directo. As entradas poden mercarse en www.servinova.com a un prezo de 5 euros máis gastos de xestión e o propio día do concerto a 6 euros na billeteira do Centro de Innovación Cultural onde terá lugar a actuación. O concerto comezará ás 19 horas.

A programación de Nadal no Gaias desta primeira fin de semana tamén inclúe o obradoiro Unha árbore de Nadal. Mans á obra!, no que nenos e nenas a partir de 6 anos confeccionarán a súa propia árbore de Nadal creativa e ecolóxica. O domingo será a quenda do teatro da man dos monicreques Arxina e o Felo, coa que descubrir o día a día dun oficio moi ligado á nosa terra: o de canteiro. O espectáculo conta con dúas funcións: unha ás 13:00 horas e outra ás 17:00 horas.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*