‘A natureza móbil’

Ciclo de obradoiros artísticos do CGAC para cativos de entre 6 e 9 anos.

‘A natureza móbil’ é o nome do ciclo de talleres nos que os máis cativos poderán explorar e experimentar a natureza no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) a partir da exposición do artista Fernando Casás, ‘O agora xa foi e o denantes será’.

Os días 27 e 28 de decembro os obradoiros estarán dirixidos a rapaces de 6 e 7 anos, e os do 3 e 4 de xaneiro para os de 8 e 9 anos. Todos os talleres desenvolveranse entre as 11h e 13h30, e haberá 20 prazas por taller. Os interesados deberán de inscribirse chamando ao Servizo de Actividades e Proxectos Educativos do CGAC.

A artista e educadora Paula Pellón será a encargada de guiar aos grupos de cativos na busca de expresións persoais e procesos artísticos coa natureza como inspiración, material de traballo e marco de acción. De acordo co pensamento do artista Fernando Casás, Paula Pellón entende que a curiosidade é a relación máis saudable que se pode manter co mundo, xa sexa un universo de persoas ou de contextos.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*