Viaxe á Idade do Bronce

No Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro.

A programación comeza este sábado 22, con ‘Sei un conto, cóntocho?’, unha sesión de contacontos coa que os máis novos se achegarán ao misterioso mundo das lendas e mitos dos animais que eran representados nos petróglifos galegos. Con esta actividade, que tamén se celebrará o 30 de decembro, os menores de 15 anos terán ademais a entrada ao parque de balde.

O día 29 será a cita para os adultos e pequenos que desexen coñecer a vida na Idade de Bronce, a través dun taller mixto de catro obradoiros, que se celebrarán de 12 a 14.30 horas. O prezo da entrada será de 10 euros, e inclúe a visita ao PAAR.

Ademais, do 2 ao 6 de xaneiro o Parque ofrece visitar o parque, poñendo de balde a disposición dos visitantes – previa reserva- un guía especializado co que poderán descubrir os máis profundos segredos dos petróglifos galegos.

Programa completo

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*