O Remuíño que se fixo escaleira

Xogo para coñecer o Museo do Pobo Galego.

Desde o Museo do Pobo cóntannos que desde esta ponte de decembro está dispoñible unha nova forma autónoma e divertida de visitar a colección permanente do Museo. Na recepción pode pedirse coa entrada o xogo “O Remuíño que se fixo escaleira”. Agudizade a vista xa que se trata dun conto narrado a través de pistas, que teredes que ir encontrando para descubrir a historia do remuíño…

Está dispoñible en galego e castelán (a partir de Nadal tamén en inglés), de martes a sábado de 10h00 a 14h00 e de 16h00 a 20h00. Domingos e festivos de 11h00 a 14h00. Entrada persoas non socias 3 euros. Pensionistas e estudantes maiores de 18 anos 1 euro. Entrada gratuíta para os e as menores, desempregados/as e persoas socias.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*