Programa KTORCE-18

Iniciativa da Asociación Arela para a prevención de condutas infractoras. Participaron xa 1200 alumnas e alumnos.

A asociación Arela fai balance da execución do seu programa KTORCE-18, que pretende achegar a Lei do Menor ós seus maiores protagonistas, os adolescentes, mozos e mozas de 14 a 18 anos.

Dende outubro a decembro de 2012, o Programa KTORCE-18 realizou 34 charlas, nas que participaron 1200 alumnos e alumnas de toda Galicia. Nas charlas trabállase, de xeito dinámico, sobre o funcionamento da Lei do Menor, así como nos delitos e os perigos máis frecuentes na etapa adolescente: maltrato familiar, delitos informáticos, bulling, etc

Ata o de agora, os profesionais da asociación Arela visitaron institutos e colexios de toda Galicia, realizando charlas en Vilagarcía de Arousa, Vigo, Narón, Sarria, O Porriño, Monforte, Arteixo, A Coruña, As Neves, Ponteareas, Muxía e A Guarda, entre outras poboacións. Para o segundo e terceiro trimestre do curso 2012-2013 xa hai programadas 44 charlas máis.

Estas charlas comezaron en 2009 logo de que os profesionais da asociación Arela advertisen o descoñecemento que os e as adolescentes teñen sobre a lexislación que lles afecta. A asociación Arela dispón de dous centros (en Vigo e Pontevedra) destinados á execución de medidas xudiciais con adolescentes.

Máis información na web de Arela sobre o Programa de Prevención de Condutas Infractoras

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*