Cen mil millóns de planetas na Via Láctea

Recreación artística dalgúns dos millóns de planetas da nosa galaxia / Imaxe: NASA/Ames/JPL-Caltech
Na procura dos que estean en “zona habitable”.

Unha nova análise das observacións do telescopio Kepler da NASA revela que a nosa galaxia contén polo menos 100 mil millóns de planetas. “É un número asombroso, si o pensamos ben, xa que basicamente hai un planeta por cada estrela”, destaca Jonathan Swift, investigador do Instituto Caltech (EUA) e principal autor do estudo, que publicará The Astrophysical Journal

Esta semana tamén, durante a reunión da Asociación Americana de Astronomía, membros da misión Kepler anunciaron o descubrimento de 461 novos potenciais planetas, a maioría cun tamaño similar ou lixeiramente superior ao da Terra. O obxectivo agora é localizar aos poucos que poden estar nunha “zona habitable”, onde se pode manter a auga líquida.

Fonte: SINC

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*